26 nov 2011

Somos femininas

Son palabras femininas, sempre femininas e todo o que veña con nosoutras  tamén o será.

Temos tanto poder que cambiamos todo o que está ao noso redor

Wordle: Femininas

A ponte nova
Esta longa crise
A paisaxe galega
Aquela color branca da neve...



E como unha imaxe vale máis que mil palabras, ímolas ver

15 nov 2011

Este videopoema vai adicado a Otilia, pola súa colaboración. Moitas grazas.


Chirlo merlo

7 nov 2011

 Hoxe imos ver algúns dos tópicos literarios máis comúns e máis usados porque ...Quen non ten escoitado algunha vez "carpe diem, carpe diem, que mañá ao mellor non estamos aquí"Aquí vos deixo unha presentación. Espero que vos guste e que deixedes algún comentario Tópicos literarios

2 nov 2011

Novas tecnoloxías e educación

Todos sabemos da importancia das novas tecnoloxías no ámbito educativo. Do mesmo xeito que hai máis de 20 anos os ordenadores persoais (pc) facilitaron o noso traballo e supuxeron a democratización da informática, hoxe tanto internet como as redes sociais ou o wifi supoñen outro gran avance na igualdade social, ao ter acceso a todas estas ferramentas.
E é aquí onde radica a importancia das novas tecnoloxías no ensino. Os docentes debemos transmitir aos nosos alumnos as estratexias e experiencias con estas tecnoloxias de xeito que sexan quen de utilizalas fóra do ámbito escolar.
Neste blog intentaremos amosar exemplos prácticos de como utilizar as novas tecnoloxías nas áreas de linguas. De boas a primeiras, parece algo moi difícil, case imposible e con pouco rendemento pero...   ¡Nesta vida TODO é posible!




 Antes de nada pensemos un momentiño nas seguintes preguntas  :
  1. ¿Que son as novas tecnoloxías?
  2. ¿Onde podo usar as novas tecnoloxías?
  3. ¿Cando podo usar as novas tecnoloxías?
  4. ¿Como podo usar as novas tecnoloxías?
  5. ¿Por qué podo usar as novas tecnoloxías?
Se tes claro que queres utilizar as novas tecnoloxías na túa materia en linguaacachon.blogspot.com tes unha xanela pola que mirar e ver algunhas ideas.




Así, para empezar a familiarizarnos coas novas tecnoloxías recomendo a lectura do uso educativo do blog de Tiscar Lara e esta ligazón http://pizarradigitalinteractiva5.blogspot.com/  na que podedes atopar un sinfín de recursos para as vosas aulas.