Todos sabemos da importancia das novas tecnoloxías no ámbito educativo. Do mesmo xeito que hai máis de 20 anos os ordenadores persoais (pc) facilitaron o noso traballo e supuxeron a democratización da informática, hoxe tanto internet como as redes sociais ou o wifi supoñen outro gran avance na igualdade social, ao ter acceso a todas estas ferramentas.
E é aquí onde radica a importancia das novas tecnoloxías no ensino. Os docentes debemos transmitir aos nosos alumnos as estratexias e experiencias con estas tecnoloxias de xeito que sexan quen de utilizalas fóra do ámbito escolar.
Neste blog intentaremos amosar exemplos prácticos de como utilizar as novas tecnoloxías nas áreas de linguas. De boas a primeiras, parece algo moi difícil, case imposible e con pouco rendemento pero... ¡Nesta vida TODO é posible!

Antes de nada pensemos un momentiño nas seguintes preguntas :
- ¿Que son as novas tecnoloxías?
- ¿Onde podo usar as novas tecnoloxías?
- ¿Cando podo usar as novas tecnoloxías?
- ¿Como podo usar as novas tecnoloxías?
- ¿Por qué podo usar as novas tecnoloxías?

No hay comentarios:
Publicar un comentario